O mércores 14 de maio, co gallo das letras galegas visitou a nosa axencia de Lectura Manuel Solla con “Conto Contigo”, unha actividade de contacontos con títeres e máxia. Entre adultos e nenos asistiron unhas 50 persoas.
Foi unha actividade interactiva na que os nenos participaron representando os papeis dos protagonistas do conto. ¡Ainda hoxe os máis pequenos me preguntan se vin o rato Fli!.
Séguenos