Güe- güe na Biblioteca de Lalín!
Tarde de diversión tanto para a cativada como para os adultos co espectáculo Güe- güe de Barriga Verde na Biblioteca de Lalín! Pasámolo xenial!!
Tarde de diversión tanto para a cativada como para os adultos co espectáculo Güe- güe de Barriga Verde na Biblioteca de Lalín! Pasámolo xenial!!
Tarde de diversión na Biblioteca de Lalín co contacontos- obradoiro O lapis que non quería ir a escola! Pasámolo xenial tanto os cativos como os adultos!
Mañá de risas, bailes e cancións cos Contos para caghar patatillas de Brais das Hortas!! Que ben o pasamos tanto os peques coma os maiores!!
Hugo ofrecéunos unha mañá de risas e aprendizaxe Cociñando historias de igualdade na Biblioteca de Lalín!! Peques e maiores pasámolo xenial!!
O día 24 de outubro celebramos en Lalín o Día das Bibliotecas co espectáculo Extra! de Paco Nogueiras. Desfrutamos moito cantando e bailando con Paco, tanto a cativada coma os adultos!!
O venres 7 de outubro, a Biblioteca Municipal de Lalín “Varela Jácome”, celebrou no Salón de actos a actividade Pola igualdade dende a maxia. A cativada que asistiu a esta actividade ofrecida por Leo Leóño pasouno xenial e formou parte activa do espectáculo!!
Comezamos a programación de Ler conta moito 2022, coa visita de Xoán Curiel. Celebramos o día das Letras Galegas por todo o alto cantando e bailando con Xoán !! A cativada desfrutou moito en compañía dos seus Mestres e persoal da biblioteca. Grazas Xoán pola túa visita e implicación!
O pasado sábado 20 de outubro, grandes e pequenos/as puideron gozar do obradoiro impartido por Estíbaliz Espinosa na biblioteca “Varela Jácome” de Lalín. A Vía Láctea, os planetas do sistema solar, Rosalía de Castro, haikus, as constelacións… Poesía e astronomía uníronse nesta actividade na que, ademais, nenos e nenas puideron deixar fluír a súa imaxinación e curiosidade.



Séguenos