Maxia con Pedro Bugarín na Biblioteca de Sanxenxo
Este xoves 4 de outubro visitounos o mago Pedro Bugarín na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo e o éxito foi total pois a maxia de Pedro enfeitizou tanto a pequenos coma a grandes. Sí, si…. dende os máis pequeniños ata os avós ficaron engaiolados cos trucos presentados no espectáculo. Maxia de cartas, de cordas e nós, maxia de froitas e cores e ata un perigosísimo truco cunha guillotina.
Todo coa simpatía que caracteriza a Pedro que fixo partícipes aos nenos e aos seus pais para gañarse ao público cunha actividade entretida, divertida, amena e asombrosa que nos deixou a todos abraiados.
Dende aquí queremos agradecer a Pedro a súa entrega e o seu bonfacer no seu oficio. Así como tamén queremos darlle as grazas por lembrarlle a todos os presentes que ser socios dunha biblioteca é gratuito e permíte gozar infinitamente alén de contos e lendas. Parabéns Pedro! Contamos contigo para o ano que vén.
Grazas tamén a todos os que vos achegástedes até a biblioteca e compartíchedes a tarde connosco.















Séguenos