CEIP PLURILINGÜE Nº1 TUI- CAMIÑO PORTUGUÉS

Despois de facer o tramo do camiño de Santiago Potugués por Tui e analizar as súas necesidades detectamos que nada máis comezar o camiño había unhas pintadas bastente feas, así que dende a aula de 6º de primaria pensamos como solucionar isto e decidimos enviar unha solicitude á concelleira de patrimonio do concello de Tui indicando onde estaba a pintada e propoñendo pintar un mapa mental sobre o patrimonio da nosa cidade, animando aos peregrinos a visitala. Esta idea xurdiu porque en Tui pintaron murais nas pontes de entrada e os nen@s pensaron que o mesmo artista que pintou as pontes podía facelo tamén alí.

Non só enviamos a solicitude, tamén tivemos unha entrevista coa concelleira de patrimonio para explicarlle ben a nosa idea. Dende o concello mandaron a solicitude a Xunta de Galicia, a directora xeral de Patrimonio, e viu aceptada, así que o pasado 11 de maio pintouse o mural. Agora os peregrinos ao chegar a Tui disfrutan dun bonito mural onde coñeceran parte do noso patrimonio.

O máis importante é a satisfación e o orgullo do alumnado que deixa unha pegada para o futuro.