Santiago de Compostela, Coruña e Ourense acollen dende hoxe ata o xoves 20 as xornadas sobre o uso seguro das redes sociais entre os menores que organiza o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
As redes sociais teñen hoxe en día un enorme potencial, se ben tamén implican novos riscos e novas oportunidades que precisan de análise e estudo. Conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), o grooming (acoso entre un adulto e un menor), o sexting (envío de fotografías sexuais) empezan a ser de uso corrente, polo que o CPTEIG, en colaboración coa Amtega, tratan de ofrecer ferramentas a pais, nais e profesores para axudarlles aos nenos a navegar nunha internet máis segura. Se che interesa o tema, tes unha cita en:
- Santiago (18/06 18:00h, Centro Demostrador TIC)
- A Coruña (19/06 18:00h, salón de actos de la Fundación Paideia)
- Ourense (20/06 17:30h, Centro de Desenvolvemento Novacaixagalicia)
Tes toda a información nesta noticia da web do IMIT

