Descubre o Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia

O Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia é o “corazón dixital de Galicia”. Esta analoxía co corpo humano xa nos dá unha idea da importancia deste CPD. Non só dá servizo a todos e cada un dos case tres millóns de habitantes de Galicia, senón que ademáis dá servizo a máis de cinco mil centros en toda Galicia.

O CPD da Xunta está ubicado no monte Gaiás (Santiago de Compostela) na Cidade da Cultura; unha ubicación xeográfica axeitada para almacear todo o material informático que a Administración Pública galega pode poñer ao servizo do cidadán.

Leva en funcionamento dende setembro de 2012 e, cando esté a pleno rendemento, albergará o Arquivo Dixital de Galicia; isto é, toda a documentación que xera a administración autonómica: procedementos xudiciais, contidos educativos, expedientes administrativos,  DOG dixital, receita electrónica e historias clínicas…

En que che beneficia o CPDI da Xunta?

O CPD da Xunta de Galicia posúe moitos beneficios para o cidadán. Velaquí che explicamos tres que che afectan, ben seguro, de maneira directa:

  • Abaratamento e aforro de custes
    En primeiro lugar, A unificación de todos os servizos nunha mesma infraestrutura tecnolóxica posibilita un aforro anual de 3 millóns de euros, unha vez rematado o proceso de consolidación da infraestrutura, dous anos despois da súa posta en marcha. O aforro económico é máis que salientable. Aínda así, non é ese o seu principal beneficio
  • Historial médico en liña
    Sabías que o teu historial médico está en liña e pode ser consultado dende calquera punto médico de Galicia? Se cambias a túa residencia e o teu médico de cabeceira, o teu historial clínico acompañarate dende calquera centro médico de Galicia. Fixeches unha radiografía? Xa non terás que gardala, porque estará en formato dixital no teu expediente médico.
  • Receita electrónica
    Xa está en vigor, pero… como é posible que calquera farmacia ou centro médico poidar ter conta da medicación prescrita? A resposta tela no CPD da Xunta, que albergará de xeito progresivo todos os contidos dixitais relativos ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), o eido xudicial, educativo…

Queres saber máis?

Convidámoste a que coñezas de primeira man o CPD da Xunta a través desta visita virtual

Podes ver outro vídeo cunha visita virtual  aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.