Os CPD’s vólvense ecolóxicos

O actual contexto socioeconómico mundial require que se maximicen as posibilidades informáticas das que as empresas dispoñen. É por iso que os motivos ecolóxicos están a adquirir unha importancia capital nos Centros de Proceso de Datos. A continuación enumeramos unha serie de razóns polas que os CPD’s están a volverse ecolóxicos

  • A enerxía non é barata

Non, a enerxía non é barata precisamente, así que o mellor que se pode facer é aforrar enerxía. Cómo é posible isto? Pois, por exemplo, ubicando os CPDs en lugares fríos. O motivo é sinxelo: se temos unha cantidade inxente de equipos informáticos que xeneran calor, o mellor sistema para disipar esa calor é unha ubicación que poida recoller as temperaturas frías do exterior e non desperdiciar enerxía con sistemas de refrixeración eléctricos, non é?

  • As enerxías renovables son económicas

Podemos, por exemplo, aproveitar os teitos das instalacións para producir enerxía limpa. A instalación de placas solares outorga ao complexo dunha enerxía económica e eficaz. Aquí tedes un exemplo dunha empresa que se esforza neste sentido.

  • As tecnoloxías suxas afectan negativamente á marca

A mentalidade “verde” está a calar máis e máis entre a poboación. Xa non se lle esixen ás marcas que fabriquen bos produtos, senón que a súa fabricación sexa o máis limpa posible. Índices coma os que publica Greenpeace son cada vez máis respectados polas marcas, tratando de mellorar os seus sistemas productivos. Todo iso porque a percepción negativa da marca acaba afectando á empresa.greener_electronicsPodes ter máis información sobre este índice nesta ligazón 

Ocórreseche algún motivo máis para ecoloxizar unha instalación informática? Utilizas algunha solución caseira para minimizar o teu consumo enerxético na casa?

Nas vindeiras semanas trataremos a eficiencia enerxética, todos os consellos serán benvidos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.