Así é Facebook Spaces: a nova rede social en realidade virtual de Facebook

Hai unhas semanas, Facebook realizou unha conferencia na que presentaron os seus plans para o futuro da rede social. Un destes foi Facebook Spaces, un curioso concepto que busca que nos relacionemos a través da realidade virtual.

Aínda que levamos tempo falando de realidade virtual, aínda non está implantada na inmensa maioría das casas. A pesar disto, Zuckerber e compañía queren comezar a dar pasos neste mundo e Facebook Spaces é a aposta para iso. Como é? Aquí dámosche as primeiras nocións sobre este novo espazo da rede social.

Como funciona?

Por agora, Facebook Spaces funciona unicamente a través das lentes Oculus (propiedade de Facebook) xunto aos mandos táctiles das mesmas. Con elas podemos mergullarnos nun espazo en 3 Dimensións, ambientados na realidade do noso alreadedor, no que nos podemos relacionar cos nosos contactos.

A comunicación nestes espazos é a través de voz e os coñecidos emoji de reaccións a estados en Facebook. Ademais, aínda que por agora só funcionan coas Oculus, Zuckerberg anunciou que buscarán abrir a contorna a outras plataformas de realidade virtual.

Para quen será?

Para todos os que teñan unhas lentes de realidade virtual. Agora mesmo, Facebook Spaces é gratuíto e está dispoñible para quen queira probalo. Permite relacionarnos con ata 4 contactos e facer accións como mandar mensaxes, realizar videollamadas ou realizar pinturas na realidade virtual para compartilas cos nosos contactos.

Será esta a nova forma de relacionarse no futuro? É difícil aventurarse. Primeiro o hardware da realidade virtual deberá converterse en accesible pafra todo o mundo, e segundo, esta nova maneira de relacionarse deberá ofrecer un plus extra aos usuarios, senón será complicado que nos pasemos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.