Operación bikini: tres apps para o móbil para axudarche de cara o verán

O verán está ao virar a esquina e a maioría de nós buscamos estar na mellor das formas. Para facelo, adoitamos optar por comezar a “operación bikini”, esixíndonos un mínimo de exercicio e algo de dieta para perder eses quilos que cremos que temos de máis.

Como sempre dicimos, a tecnoloxía está para axudarnos e coa operación biquini non ía ser mans. Hoxe querémosvos recomendar tres aplicacións diferentes para seguir o reto de estar en forma para o verán. No mercado hai centos, pero eliximos estas tres por ser diferentes e á vez útiles no noso propósito.

Zombies, run!

Correr é un dos exercicios máis repetidos neste tipo de cometidos pero e se buscamos unha forma máis divertida de facelo?  Con Zombies, run!, os nosos adestramentos converteranse nunha especie de xogo de rol no que teremos que escapar, correndo por suposto, de zombies que nos perseguen alá onde vaiamos. Está dispoñible para iOS e para Android.

Mammoth Hunters

Unha aplicación de adestramento que vale para case calquera lugar. No canto de recomendarnos exercicios típicos, Mammoth Hunters o que fai é ensinarnos exercicios típicos de movemento do ser humano (correr, rubir, saltar, arrastrarse…) e con eles deseñar un adestramento para estar en forma. É de pago, pero ten sesións gratuítas para que vexamos se nos convence. Está dispoñible para iOS e para Android.

MyFitnessPal

Se queremos controlar a nosa dieta, MyFitnessPal é a aplicación perfecta. Dispoñible para iOS e Android, con esta aplicación podemos engadir os alimentos que imos inxerindo e levar así un control das calorías e os nutrientes que tomamos durante o día. O máis interesante de est aplicación é que posúe un lector de código de barras vinculado a unha enorme base de datos de alimentos. Desta maneira, podemos escanear un produto e saber ao instante canto de que ten cada ración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.