O 11 de maio tes unha cita coa xestión de proxectos tecnolóxicos no #SilverBullet17

Á hora de comezar un proxecto de software, unha boa planificación é esencial para que o traballo entre o equipo e o cliente vaia o máis rodado posible. Non adoita ser unha tarefa sinxela e na maioría de ocasións atopámonos bastantes pedras no camiño, polo que coñecer a realidade deste mundo é unha necesidade á que se enfrontan moitos xestores e desarrolladores de software.

Para cubrir esta necesidade nace o #SilverBullet17, o primeiro Congreso de Xestión de Proxectos Software. Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica de Galica (CPTEIG) en colaboración coa Amtega, o #SilverBullet17 será un lugar de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados co mundo do desenvolvemento do software e os seus proxectos asociados.

A data escollida para a celebración do congreso é o 11 de maio no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Nesta primeira edición poderemos gozar de relatorios dos profesionares máis relevantes do panorama actual. Na sesión de mañá estarán nomes como José Luis Iparraguirre, director de IAL Software Engineering; Carlos González Jardón, consultor de Xestión de Proxectos en Tecnocom; e Javier Garzás, mentor áxil e experto en xestión de proxectos e equipos; para rematar cunha mesa de debate moderada por Susana Gómez Carneiro, CEO en Origami Soluciones e directora executiva de BNI Galicia.

A sesión de tarde non quedará atrás, xa que estarán connosco os seguintes relatores: Javier Cebreiros, socio do espazo de innovación social Impact Hub Vigo e dá empresa InfoJC; e Jaume Gurt, director de Organización e Desenvolvemento de Persoas en Schibsted Spain, que xestiona vos portais Infojobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios.

A asistencia ao congreso é gratuíta para os colexiados e precolegiados do CPEIG, e con entrada de 20? para todo o día (e 10? para medio día) para as persoas non pertencentes ao colexio profesional. Se se quere asistir, é necesario complimentar a inscrición na páxina web do congreso #SilverBullet17.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.