HomePod, así é o novo altavoz co que Apple quere conquistarnos

Esta semana foi a WWDC, nome co que se coñece á reunión de desenvolvedores para sistemas Apple que se celebra todos os anos alén do charco. Aínda que é un evento dedicado a creadores de software, historicamente Apple realiza unha presentación onde acaba ensinando novidades, tanto de software como de novos produtos que vai lanzar ao mercado.

Un dos novos produtos que sorprendeu a moitos foi o HomePod, un novo dispositivo que quere tomar as rendas do ambiente da nosa casa e competir como asistente en casa contra Google e Alexa.

Que é un HomePod? Pois un altofalante intelixente con forma cilíndrica que presume de ser o mellor emisor de música que podamos ter na nosa casa. Segundo Apple, HomePod é capaz de analizar o espazo ao seu ao redor e adaptar a emisión da música para que se escoite en todos os recunchos da habitación. Ao parecer, faino a través de sons que detectan os obxectos e ata as persoas que ten ao seuao redor.

Por se esta pequena marabilla non fose pouco, a parte intelixente está en que HomePod terá Siri, a asistente persoal de Apple que está nos seus teléfonos e tablets, incorporada. Así, grazas a sete micrófonos HomePod será capaz de escoitarnos e responder a preguntas diversas sobre o tempo ou información variada, así como crear eventos no noso calendario ou chamar a alguén a través do teléfono vinculado.

HomePod acaba de ser presentado e, se vos gustou, temos malas noticias: non o veremos en España ata o 2018, xa que sairá a final de ano só en países anglosaxóns (Estados Unidos, Reino Unido e Australia). Farao a un prezo de 349 dólares que, sabendo a política de Apple, acabarán converténdose en 349€ cando chegue a Europa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.