5 proxectos de ‘Eduemprende Idea 2015’

20151021-premios2

A finais de outubro a Xunta galardoaba 5 proxectos empresariais deseñados por alumnos e alumnas de Formación Profesional, no marco de ‘Eduemprende Idea 2015’, iniciativa das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Economía, Emprego e Industria, para fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes galegos.

Premiouse a creatividade e a viabilidade dos proxectos dende o punto de vista técnico, legal, económico e comercial. En que consisten os proxectos gañadores?

O primeiro premio foi para o proxecto ‘Granxa intelixente’, realizado por alumnos do IES Politécnico de Vigo. Trátase dunha cooperativa centrada no ámbito agropecuario que obtén un alto grao de automatización e dixitalización dos procesos de explotacións agrícolas e gandeiras.

O segundo premio foi para un alumno do IES 12 de Outubro de Ourense e outro do CIFP A Farixa, tamén de Ourense, por ‘Inercia 2.0 S.L.’, empresa pioneira no deseño e fabricación de todo tipo de vehículos de inercia.

‘Eternal 2.0. Un recordo para toda a vida’ foi galardoado co terceiro premio. Desenvolvido por alumnos do IES San Clemente de Santiago, a iniciativa introduce as novas tecnoloxías nos servizos funerarios.

No grao medio, seleccionáronse dous proxectos. ‘Ecosalón’ introduce un novo concepto de espazo global unisex urbano; coidados estéticos, de beleza e relaxación, e uso de produtos ecolóxicos. ‘Bai aventura’, segundo premio nesta modalidade, é unha empresa de turismo activo cun servizo integral de actividades de aventura mar-montaña.

Eduemprende

O Plan de Emprendemento do sistema educativo Galego, Eduemprende, púxose en marcha no 2010 coa colaboración do Igape. O obxectivo é apoiar ao alumnado, poñer en marcha proxectos empresariais viables e poñer en práctica ideas innovadoras de negocio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.