David Pombar, CEO de SetPay: “O noso obxectivo dentro dun ano é estar presentes en 3.000 empresas”

setPay

Volvemos a Galicia Open Future para falar con David Pombar sobre SetPay, “o único TPV móbil 100% made in Spain”.

Quen é David Pombar, a que te adicas?

Son un “mozo” de 32 anos, de Santiago. Actualmente son un dos fundadores e CEO de SetPay.

Brevemente, que é SetPay?

SetPay é un Terminal Punto de Venda Móbil. Sustituímos o típico cacharro que os bancos poñen nas tendas e o ordenador dende o que se xestiona o negocio por un pequeno lector de tarxetas sen fíos e unha app para móbil ou tabletas. Desta maneira facilitamos que calquera peme ou autónomo poda xestionar o seu negocio e aceptar pagamentos con tarxeta en calquera momento e lugar sen os custos fixos que este servicio bancario adoita ter.

Como xorde a idea?

Fai máis de 6 anos eu xa tivera outra empresa cuns amigos. Daquela tratabamos de axudar a vender online aos pequenos comerciantes galegos, pero un dos problemas que nos encontramos era que moitos non tiñan nin un terminal de punto de venda, unha xestión contable básica, nin aceptaban tarxetas. O salto a vender online era moi grande para eles.

Anos despois, xa traballando por conta allea, coñecín a Xoan González, cofundador de SetPay. Xoan viña de traballar en banca e tiña o coñecemento de como funcionaban internamente os sistemas. Tras a boa relación que entablamos os 6 meses que traballamos xuntos, decidimos montar unha empresa, e entre as ideas que tiñamos, naceu SetPay.

Como está a resultar a experiencia de Galicia Open Future? Como te enteras da existencia da iniciativa e por que decides participar?

Ata o momento bastante produtivo. En calquera fase que se encontre unha empresa, sempre vén ben ter feedback externo e obxectivo do que estás a facer. Además, Open Future xa nos deu a oportunidade de acceder a grandes clientes gracias á súa rede de contactos.

Que obxectivo tes? Como te ves dentro dun ano?

Agora mesmo estamos pechando detalles para o lanzamento de SetPay en Portugal. En paralelo, estamos a traballar tamén nunha rolda de financiamento que nos vai permitir obter a licenza de Entidade de Pagos por parte do Banco de España. Con esta licenza poderemos desintermediar completamente os bancos e ofrecer servizos moito máis competitivos.

O noso obxectivo dentro de un ano é estar presentes en máis de 3.000 autónomos ou empresas e continuar lanzando servizos que axuden aos nosos clientes a facer crecer os seus negocios.

1 comentario

  1. Pingback: Velaquí os proxectos gañadores da II edición de Galicia Open Future - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.