9 aulas CeMIT participan na II edición de CeMIT Innova; coñece os proxectos seleccionados

A Amtega vén de seleccionar os 9 centros da rede CeMIT que participan na segunda edición do proxecto de Innovación Social Dixital, CeMIT-Innova, unha das iniciativas do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.

Os Concellos e aulas CeMIT de Ares, A Bola, Celanova, Cuntis, Oroso, Mos, Ourense (A Molinera), Pontedeume e Santiago de Compostela, desenvolverán, ao longo do ano, diferentes iniciativas de base tecnolóxica, en colaboración con axentes locais, para dar resposta a retos e necesidades da súa contorna máis próxima a través da tecnoloxía.

As iniciativas seleccionadas buscan dar resposta á necesidades ou demandas locais. Velaquí van o os proxectos seleccionados.

seleccionados
Aula CeMIT de Ares

Co seu proxecto Ares GNU, busca mellorar o acceso e os coñecementos tecnolóxicos dos veciños do concello, a través da difusión, utilización e desenvolvemento do software libre en diversas actividades como un ciber encontro, o mapeado da cidade ou o desenvolvemento dunha aplicación móbil de servizos da aula.

Aula CeMIT de Pontedeume

O proxecto That´s Pontedeume. Come Here!! impulsará o envellecemento activo e o coñecemento da lingua inglesa, a través de unidades didácticas culturais sobre o patrimonio e a historia local. Todo iso utilizando Internet como medio de aprendizaxe.

Aula CeMIT de Oroso

Porá en marcha a Plataforma de e-commerce local, co obxectivo de crear un directorio de negocios, empresas e profesionais, cun comparador de produtos de consumo ou servizos locais, para promover economicamente o tecido empresarial con esta plataforma web que unirá oferta e demanda.

Aula CeMIT de Santiago de Compostela       

Co seu proxecto Anel de coñecemento, unha plataforma online de contidos e servizos dixitais para o emprego, traballará a promoción da empregabilidade a través da intermediación, selección e adecuación profesional.

Aula CeMIT de Mos

A través do proxecto InnovaTIC Mos, proponse favorecer o acceso ao emprego a través de diversos servizos dixitais, así como favorecer a visibilización das entidades asociativas, mediante a súa participación en redes sociais.

Aula CeMIT de Cuntis

Traballará a través das TIC para favorecer a igualdade de oportunidades de persoas con necesidades especiais, dirixido á intervención socioeducativa co alumnado coas devanditas necesidades por motivos de discapacidade.

Aula CeMIT de Ourense

Desde Ourense para o mundo é o nome da rede de networking e inclusión laboral, que se vai desenvolver en La Molinera para a procura de oportunidades entre mozas con talento que se marchan ao estranxeiro e os emigrantes descendentes de españois que están noutros países e queiran volver.

Aula CeMIT de Celanova

Propón mellorar a accesibilidade da cidadanía á información e aos servizos municipais, a través dunha aplicación de dinamización cultural, empresarial e social APP Local.

Aula CeMIT da Bola

O proxecto Teatro Dixital histórico-cultural, busca a promoción turística do concello a través da creación dunha canle de vídeo na internet, dirixido a difundir as súas actividades culturais.

1 comentario

  1. Tsimplifica

    Buena iniciativa! La tecnología se debe convertir en la base de nuestro crecimiento, hay que adoptar todas las medidas necesarias para incrementar la productividad de todos nuestros rescursos productivos, ya sean públicos o privados. Esta es la buena senda a tomar para lorgrar el difícil desafío de levantar este país.

    Saludos!!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.