As marcas apostan polas redes sociais

socialmedia

A semana pasada IAB Spain (Asociación da publicidade, o marketing e a comunicación dixital en España) presentaba o “Estudio Top 50 Marcas en Redes Sociales”. O estudo xorde da necesidade de estandarizar un modelo de medición da actividade das marcas en redes sociais. Analízase a 50 marcas dos sectores que máis invisten en publicidade dixital: alimentación, automoción, bebidas, beleza e hixiene, cultura e medios, xogos e apostas, etc.

No últiimo ano as marcas multiplicaron por 5 a súa actividade en redes sociais. Multiplicouse por 3 a resposta dos usuarios aos contidos publicados polas marcas e por 12 a creación de contidos relacionados con elas.

Os sectores máis destacados son Distribución e Restauración (polo volume das súas comunidades), Cultura e Medios (polas respostas e suxerencias dos seguidores) e Telecomunicacións e Tecnoloxía (pola xeración de contidos).

Interésanos saber que redes sociais son as máis usadas e para que as usamos. Chama a atención que aínda que Facebook é a máis empregada polas marcas para crear unha comunidade, é en Twitter onde xeran máis actividade e en Youtube onde se dan máis respostas dos usuarios. Facebook e Twitter son os sitios preferidos polos usuarios para xerar contidos e suxerir as marcas aos seus contactos.

Por último, é curioso comprabar as diferenzas que existen nos distintos mercados. O sector cultural xera moitas respostas polos contidos de series e cine e o da tecnoloxía produce comentarios en Twitter polo servizo de atención ao cliente, por exemplo.

Que tipo de inversión se fai? Cales son esas marcas destacadas? Podedes descargar o informe completo aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.