Tendencias en comercio electrónico para o 2015

carro

Foto Infocux Technologies

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) recolle as principais conclusións do estudo “Tendencias eCommerce para 2015” elaborado por BranSINS. Participaron 90 profesionais do comercio electrónico e profundízase en tendencias, medos e desexos para este ano.

O estudo analiza as categorías de produto en función da intención de compra no 2014. A nivel mundial, encabezan o ranking os tickets e as reservas de avións (48%). Tamén destacan, por orde, a roupa, accesorios e calzado, as reservas de hoteis, os tickets para eventos, os libros impresos e os ebooks, e os artigos de electrónica, entre outros.

En España mercamos, sobre todo, billetes de transporte (59,4%). A lista complétana as reservas de hoteis, a roupa, os complementos e os artículos deportivos, os tickets para eventos, os artigos de electrónica ou, curiosamente, as apps para móbiles e tablets.

Por outra banda, analizáronse as contribucións dos profesionais do sector para extraer as tendencias para este ano:

Tendencias_ecommerce

Estudo BrainSINS

  • Usuario no centro. A principal preocupación dos profesionais do ecommerce é poñer aos usuarios no centro de todos os seus procesos.
  • Mobile First. O mobile commerce xa é unha realidade e non chega con adaptarse ou estar preparados para os móbiles. Hai que facer ecommerce para móbiles.
  • Omni-Channel. As tendas físicas abren canle online e as tendas en liña con éxito abren unha tenda física na que vender os seus produtos.
  • Personalización. Véndense experiencias de usuario únicas. Búscase adaptar a oferta a cada demanda individual.
  • Maior competitividade. Non se pode esquecer que o mercado é cada vez máis complexo, competitivo e profesionalizado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.