Guía práctica | 10 consellos para aumentar o número de seguidores en Twitter

followers_xentedixital

Despois de darvos 10 consellos para aumentar o número de seguidores en Facebook contámosvos que tácticas podedes empregar para que aumente a comunidade da vosa marca en Twitter.

  1. Crear contido de valor. Ligazóns ao blog corporativo, publicar fotos e vídeos propios de calidade, etc. Canto máis contido propio e orixinal creemos, mellores resultados imos obter.
  2. Ser constantes. Como na páxina de Facebook, é mellor facer poucas actualizacións pero ser constante, que facer 10 publicacións un día e abandonar a páxina durante dúas semanas. Temos que transmitir profesionalidade: actualizar todos os días (ou de luns a venres, por exemplo), publicar contido propio e relacionado, responder as mencións e as mensaxes, etc.
  3. Regla 1-10. Refírese á obriga de publicar, sobre todo, contido non comercial. Coma sempre dependerá do sector, do tipo de empresa, dos produtos e servizos que venda, etc. Por exemplo: unha pastelería publicará, sobre todo, fotos e vídeos dos seus produtos; unha axencia de marketing debería escribir, por exemplo, sobre tendencias, novidades do sector, etc.
  4. Interactuar con seguidores e influencers. Estamos en Twitter para contar pero tamén para escoitar e conversar. Debemos responder dúbidas, participar nun debate sobre a actualidade do sector ou opinar se se está a celebrar algún evento que nos afecte dalgún xeito.
  5. Twitter como canle de atención ao cliente. Gañaremos seguidores e prestixio na rede se os nosos seguidores saben que lles imos responder (rápido) cando nos pregunten algo en Twitter.
  6. Conexión co mundo real. Twitter é a mellor rede social para a promoción e o seguemento de eventos. A través desta rede social podemos seguir e participar de eventos do sector ou difundir eventos creados por nós.
  7. Concursos. En Facebook falabámosvos de Easypromos para facer concursos na páxina. Onekontest pode ser unha alternativa para facer un concurso de hashtags, de fotos, de vídeos, etc., en Twitter.
  8. Anuncios. Se o orzamento o permite os anuncios son unha boa maneira de que a comunidade medre rapidamente ou de promocionar un produto, evento (un tuit) en concreto. Iso si, o investimento é sensiblemente superior ao que temos que facer en Facebook.
  9. Promoción de Twitter na web e nas demais páxinas de redes sociais. Na web (instalando un plugin que permita ver a actividade en Twitter) e a través doutras redes sociais (Facebook, Google+, etc.) podemos promocionar a páxina de Twitter. Podemos chamar a atención sobre o Twitter da empresa promocionando, por exemplo, un concurso no que só se pode participar nesa rede social.
  10. Promover a páxina no mundo real. Na tenda física, nos paquetes de produtos, nas tarxetas de visita… Como se vos ocorre que podemos promocionar a páxina de Twitter no mundo real?

3 comentarios

  1. oscar

    Muy buen artículo, yo recomendaría también la utilización de una herramienta en línea que nos permite a través de las cuentas relacionadas con la temática de nuestro interés seguir a sus seguidores y así conseguir seguidores segmentados por intereses afines. La herramienta es tweepi, y aunque está en inglés, se configura fácilmente y ofrece muchas funcionalidades para conseguir seguidores cualificados para nuestro proyecto.
    Un saludo,
    Oscar

    Reply

Deixa una resposta a Academia Be Smart School Coruña Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.