Guía práctica | Crear unha newsletter con Mailchimp: crea e importa a túa lista

Crear unha lista de subscritores é o primeiro paso (obrigatorio) que temos que dar en Mailchimp. Configurar a lista só vos levará uns minutos. O que require tempo e traballo é completar a lista de subscritores.

O primeiro que tedes que facer é ir á páxina Listas (Lists) e facer clic en Crear Lista (Create List), na esquina superior da páxina. Despois temos que completar os detalles da lista coa túa información ou coa información e preferencias do teu cliente. Non vos esquezades de facer clic en Gardar (Save).

mailChimplistas1

Despois de gardar, Mailchimp ofrécenos dúas ligazóns para dar os seguintes pasos. Podemos empregar os formularios de subscrición de Mailchimp para compartilos na web ou na páxina de Facebook. Se xa dispoñemos de subscritores só temos que importalos. Como?

Importar a túa lista

Mailchimp dános 3 maneiras de agregar subscritores:

  • Pegar ou escribir a información de contacto.
  • Cargar a información dende unha folla de cálculo.
  • Importar a lista dende a base de datos do teu CRM (programa de xestión de relacións cos clientes).

Podemos copiar/pegar dende un arquivo Excel ou cargar un arquivo CSV cos contactos directamente na lista de Mailchimp. Na páxina de Listas, temos que facer clic en Importar (Import) e seleccionar Copiar/Pegar de Excel (Copy/Paste from Excel) ou Importar de un arquivo CSV ou TXT (Import from a CSV or TXT File).

mailChimplistas2

O último paso, despois de importar os subscritores, é establecer un nome para cada columna da lista e categorizar correctamente a información. Este proceso asegura que Mailchimp lea correctamente os datos e organice a lista como queremos.

mailChimplistas3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.