Guía práctica | Tendas en liña en Facebook

facebook_shop_2038-1437000185-11-595x421

Tedes ou estades pensando en crear unha tenda en liña? Seguro que queredes saber como tirar o máximo proveito posible da páxina de Facebook. Atentos porque nos próximos meses desenvolverase por completo f-commerce. Facebook quere que vendamos directamente a través da propia páxina.

Facebook está a traballar nunha nova funcionalidade que permitirá crear pequenas tendas dentro das páxinas. Poderá completarse o proceso de compra sen saír da rede social. Entre as incógnitas, que porcentaxe das ventas se quedará Facebook.

Aplicacións para vender a través de Facebook

Beetailer

beetailer.com/es

Antes de que chegue f-commerce, existen outras aplicacións que vos poden axudar a vender a través de Facebook. Beetailer é unha das opcións máis populares. Podedes incluír ata 30 produtos de maneira gratuíta e conta cun servizo de integración para importar a túa tenda dende Magento, Shopify ou Prestashop.

Se non vos convence podedes optar por Ecwid. Destaca pola analítica e as estatísticas que nos ofrece. Ou por Tiendy, unha das máis sinxelas e personalizables de todas.

Outras opcións son Palbin, Shoptab… Algunha aplicación que nós non coñezamos?

Fontes: trecebits.com e inboundcycle.com.

1 comentario

  1. Pingback: Guía práctica | Twitter para aumentar as vendas dun ecommerce - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.