O mellor do mes de abril

omellordomesdeabrilEstes son os contidos que publicamos durante o mes de abril e que máis éxito tiveron. A continuación deixámosvos unha escolma do que, para vós, foron os mellores contidos do mes. Se se che escapou algún, sempre podes volver a lelo hoxe.

Como escoller un libro electrónico: neste caso non imos a recomendar o contido, senón a achega que nos fixeron a través dun comentario, que completa, e moito, o contido publicado, con moitos consellos para escoller un libro electrónico. E tamén onde descargar libros de xeito gratuíto e legal.

Entrevistamos aos tres emprendedores que queren domotizar as granxas do presente para traernos a gandería do futuro. Jorge D. Cobas, Daniel Reboredo e Ignacio Boubeta forman  Autofarm, e foi unha das aplicacións gañadoras da II edición de Galicia Open Future

De viaxe polas aulas Cemit. Este mes viaxamos a Oroso, onde nos recibiu Miguel Anxo Gómez Mosquera, responsable da aula…e responsable tamén da mellora da empregabilidade dos seus veciños, grazas ás novas tecnoloxías.

Guía práctica para liberar espazo de almacenamento no móbil. Se posúes un teléfono móbil con pouca capacidade de almacenamento saberás de que estamos a falar. O espazo no teléfono móbil pode ser unha dor de cabeza, así que che propoñemos algunhas accións a levar a cabo para liberar espazo.

Coma sempre, convidámosvos a que nos deixedes unha mensaxe para que nos pidades os temas sobre os que falaremos en Xente Dixital.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.