O carné único para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia xa é unha realidade

Xa está en marcha o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia grazas á implantación dun novo sistema integrado de xestión bibliotecaria de catálogo único, promovida pola Amtega e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

carne unico

 

O carné único é xa unha realidade para os usuarios e usuarias das 25 bibliotecas públicas e axencias de lectura nas que está en funcionamento o novo sistema: as bibliotecas públicas de xestión autonómica de Lugo, de Ourense, da Coruña “Miguel González Garcés”, de Pontevedra “Antonio Odriozola”, de Vigo “Juan Compañel” e de Santiago “Ánxel Casal”; e as bibliotecas públicas municipais de Ferrol, de Vigo, de Oleiros, de Laxe, de Sanxenxo e máis de Ortigueira.

Ademais de ofrecer os máis de 900.000 títulos e preto de dous millóns de documentos destas 25 bibliotecas, o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia incorpora os fondos da Biblioteca de Galicia, bibliotecas de institucións de especial interese para Galicia como a da Real Academia Galega, a do Consello da Cultura Galega, a da Fundación Manuel María, a da Fundación Vicente Risco e a do Centro Galego de Artes da Imaxe, xunto coas bibliotecas dos museos e dos arquivos xestionados pola Consellería de Cultura e Educación

A implantación nas restantes bibliotecas e axencias de lectura (algo máis de 300) será progresiva.

Por certo, levarás unha grata sorpresa se entras nos portais web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal, da Biblioteca de Galiciahttp://bibliotecadegalicia.xunta.gal e das bibliotecas centrais territoriais de xestión autonómica de Coruña, Santiago, Vigo, Lugo, Ourense e Pontevedra.

biblitecas

Efectivamente, renovaron os portais web! A que son webs moito máis visuais e funcionais?

Fonte: Amtega

4 comentarios

  1. Pingback: O mellor do mes de marzo en Xente Dixital - Xente Dixital

  2. Pingback: Celebra o día do libro… cun ebook. Repositorios de libros gratuítos - Xente Dixital

Deixa una resposta a sandra Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.