Voluntariado Dixital. Que é iso?

Si, estamos seguros de que Internet é algo que usas de cotío, de feito, se non fora por iso, non estarías lendo estas liñas, pero seguro que non imaxinas ata que puntos insospeitados está a abrir novas vías de exploración en campos que, a simple vista, pouco teñen que ver coa rede de redes.

Exacto! Estamos a falar do Voluntariado (claro, estaba no título). Internet e as novas tecnoloxías están a abrir unha nova vía para realizar novas formas de voluntariado. E nese aspecto, a Amtega ten algo que contarvos: o programa de Voluntariado Dixital.

O Programa Voluntariado Dixital é un proxecto solidario que ten como misión garantir a inclusión dixital de toda a cidadanía, mediante a colaboración de persoas voluntarias, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta.

A través deste programa podes rexistrarte como

  • Voluntario
  • Entidade de acción voluntaria (organizacións non gubernamentais e asociacións voluntarias )
  • Mecenas dixital (empresa do sector tecnolóxico)
  • Organismo colaborador (organismos públicos e privados que representan intereses profesionais, académicos, empresariais ou sociais)

Entre os obxectivos destacan

  • Incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá de todos os galegos e galegas
  • Fomentar a cultura da solidariedade a través da colaboración, compromiso e dinamización do voluntariado
  • Identificar e poñer en valor para todos e en particular para o programa, o conxunto de recursos públicos e/ou privados dispoñibles.
  • Incrementar e fortalecer as accións de alfabetización dixital en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.