Aprende a programar: Google e Udacity están a ofrecer 75.000 becas para que o fagas

Estamos na época das tecnoloxías e, aínda que non o vexamos, o noso día a día está rodeado por sistemas creados para mellorar as nosas vidas. Estes sistemas teñen moitas características, pero para que as teñan sempre tivo que haber alguén detrás deseñando e programando estes tipos de comportamentos. Por iso, saber programación é un coñecemento que se vai a volver básico co paso dos anos.

Programar é unha actividade que está ao alcance de todo o mundo, só necesitamos un pouco de pensamento lóxico e dedicarlle as horas necesarias a aprender a linguaxe de programación que desexemos. Pero para facer este aprendizaxe un pouco máis accesible, e alcanzable, podemos optar por bolsas como a que Udacity e Google lanzaron recentemente: 75.000 bolsas para todo tipo de persoas que queiran aprender a programar.

O prazo para aplicar polas primeira 60.000 axudas que forman parte do Scholarships Challenge xa está aberto, é un proxecto creado para ofrecer cursos tanto para principiantes como para programadores máis avanzados.

Podes aplicar por unha das bolsas se vives na Unión Europea, Rusia, Exipto Turquía e Israel e tes polo menos 18 anos. O programa inclúe cursos de desenvolvemento web e para Android.

A inscrición farache preguntas sobre a túa dispoñibilidade de horas para dedicar ao programa e se actualmente tes traballo. Tamén solicitan o teu perfil de LinkedIn, se tes un. Hai un cuestionario de coñecementos que debes encher como prerrequisito para os programas máis avanzados e tamén un cuestionario sobre as túas metas co programa.

As prazas dispoñibles están divididos en dous programas. Dos 30.000 dispoñibles para os cursos de desenvolvemento web, 20.000 son para principiantes e 10.000 son para programadores con experiencia.

Todos ofrecen tres meses de acceso ao contido dos cursos, ademais do soporte dos mentores de Udacity. Se destacas e es un dos 3.000 estudantes ao tope da clase, entón serás premiado cun Nanodegree de Udacity, que son cursos especializados moito máis longos e completos.

Tes ata o 15 de outubro de 2017 para optar por unha das bolsas, se es elixido serás notificado o 30 de outubro e os cursos comezan o 6 de novembro de 2017.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.