Volta ao cole! Tres alternativas aos grupos de pais e nais de Whatsapp

Cando comeza o colexio unha cousa que os pais e nais adoitámonos atopar son os grupos de Whatsapp dos colexios. Este tipo de grupos está formado por pais e nais onde comentan todo o que ocorre na clase e no colexio das súas fillas e fillas.

Estes grupos poden acabar saturando, xa que Whatsapp non é, quizais, a mellor maneira de facer este tipo de actividades. Hoxe ensinámosvos catro alternativas a este tipo de grupos que se poden utilizar para o mesmo fin que os grupos de pais e nais de Whatsapp.

Qids, organizando por temas

Qids é unha aplicación deseñada especificamente para este fin. De maneira gratuíta, permite crear espazos por temas (por exemplo, excursións, deberes ou exames) e escribir neles mensaxes que realmente importen. Desta maneira, evítase a conversación excesiva e favorece o filtrado de mensaxes por temas, convertendo a información en algo útil e organizado

Qids está dispoñible para iOS e para Android.

SmokeSignal, só mensaxes directas

SmokeSignal, como o seu nome indica, baséase   na utilización só de mensaxes directas de información, deixando de lado toda a conversación que poida vir asociada. As mensaxes pódense clasificar por temas e a aplicación é gratuíta para Android e para iOS.

Telegram e a mensaxería eficiente

Do útil que pode ser Telegram á parte de para mandar mensaxes xa falamos en máis dunha ocasión. Esta é outra das súas características, xa que grazas aos supergrupos que ten o cliente de mensaxería, podemos crear un chat organizado, permitindo falar unicamente a certas persoas, destacar mensaxes, notificar aos membros ou enviar todo tipo de arquivos aos integrantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.