Facebook e o escándalo cos datos: que pasou e como saber se estamos afectados

Facebook estivo na boca da xente nos últimos días. O escándalo da recompilación de datos da empresa Cambridge  Analytica fixo que o propio Mark  Zuckerberg, fundador e dono de Facebook, tivese que comparecer ante o senado de Estados Unidos para explicar o ocorrido.

Facebook é unha plataforma que recompila datos nosos para utilizalos no seu favor e vender a súa plataforma de anuncios ás diferentes empresas. Os nosos datos utilízanse para conseguir anuncios moito máis dirixidos e efectivos, pero en ningún momento proporciónanse datos persoais directamente ás empresas. Ou, polo menos, iso é o que se fai agora.

Que ocorreu con Cambridge  Analytica?

Para explicar o que ocorreu coa empresa Cambridge  Analytica témonos que remontar a 2014. Naquel ano Facebook permitía a aplicacións con fins de investigación recompilar datos do usuario, sempre coa súa autorización e dos seus amigos.

Cambridge utilizou esta excepción e creou unha aplicación que facía un suposto test de personalidade. Grazas á publicidade, conseguiu que 270.000 usuarios usasen o test de personalidade, podendo acceder desta maneira tamén aos datos dos seus amigos. Calcúlase que con esta aplicación conseguiu os datos de máis de 87 millóns de persoas.

Pode pasar o mesmo na actualidade?

En teoría non. Desde tamén 2014 Facebook restrinxiu aínda máis o acceso aos datos de usuarios por parte de aplicacións e na actualidade unha aplicación en Facebook só pode acceder aos teus datos se ti permítesllo.

Que fixo Cambridge  Analytica cos datos?

Utilizalos para crear anuncios moi  segmentados nas súas campañas de publicidade. Un exemplo teórico é que, con todos os datos que tiña a empresa esta podía crear en Facebook un anuncio dirixido a “mozos entre 16 e 18 anos sen estudos que lle guste o  hockey e non votasen nas pasadas eleccións”. Con estes datos Cambridge conseguiu unha gran influencia nas súas campañas, facendo que sj

Supostamente Donald Trump gañase as pasadas eleccións á presidencia de Estados Unidos.

Como podo saber se estou afectado?

Aínda que a maioría das contas afectadas son de Estados Unidos, estímase que uns 2 millóns de contas están en Europa. Se queremos saber se estamos afectados, Facebook puxo á nosa disposición unha pequena ferramenta que nolo confirma. Tan só temos que visitar esta ligazón estando identificados na rede social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.