Guía práctica | Facebook Business Manager, o administrador comercial de Facebook

Facebook_BusinessManager

Se nos fixestes caso e usades Facebook para a promoción da vosa empresa, seguro que se vos presentou a dúbida de se deberiades desvincular a páxina de empresa do voso perfil persoal ou de como podemos separar vida persoal e profesional en Facebook. Facebook Business Manager permite administrar contas publicitarias (dende as que creamos os anuncios), páxinas e aplicacións. Podemos xestionar os nosos activos comerciais (páxinas, contas publicitarias, etc.), controlar quen ten acceso a eles e eliminar ou cambiar os seus permisos.

Vantaxes

  • Para calquera empresa. Se hai varias persoas encargadas de xestionar as páxinas de Facebook, co administrador comercial é máis doado asegurarse de que todos teñen os permisos que necesitan. Sepárase vida persoal e profesional, pode haber colaboracións entre usuarios que non son amigos en Facebook e as notificacións chegarán ao correo electrónico do traballo.
  • Para axencias. Pódese solicitar o acceso ás páxinas, contas publicitarias e aplicacións dende o administrador comercial. Con iniciar sesión unha vez, xa se ten acceso a todos os recursos cos que se traballa. Tamén permite engadir persoas para colaborar nas distintas tarefas.
  • Desenvolvedores de aplicacións. Pódense engadir todas as aplicacións ao administrador, empregar as API de asignación de negocios e acceder a todas as ferramentas publicitarias e de marketing dende o mesmo lugar.

Configuración

O primeiro paso é decidir quen debe configurar Business Manager. Debe ser a persoa que administra a páxina principal da empresa e as contas publicitarias. Encargarase de seleccionar quen debe colaborar nas distintas tarefas de comunicación. Necesítase unha páxina principal de Facebook, información do negocio e correos electrónicos dos empregados.

Despois pregúntannos como usa Facebook o noso negocio, en que sector se sitúa e cantas persoas van a traballar co administrador comercial. Xa só queda introducir o nome do negocio e seleccionar a páxina principal.

É máis doado do que parece. Animádevos a comunicar en Facebook e a crear anuncios que vos axuden a chegar a máis xente. Podedes activalos durante o tempo que consideredes gastando só o que vós decidides. Con Facebook Business Manager o que conseguides é separar actividade profesional e persoal. Algunha dúbida?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.