Xa está en marcha o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia grazas á implantación dun novo sistema integrado de xestión bibliotecaria de catálogo único, promovida pola Amtega e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O carné único é xa unha realidade para os usuarios e usuarias das 25 bibliotecas públicas e axencias de lectura nas que está en funcionamento o novo sistema: as bibliotecas públicas de xestión autonómica de Lugo, de Ourense, da Coruña “Miguel González Garcés”, de Pontevedra “Antonio Odriozola”, de Vigo “Juan Compañel” e de Santiago “Ánxel Casal”; e as bibliotecas públicas municipais de Ferrol, de Vigo, de Oleiros, de Laxe, de Sanxenxo e máis de Ortigueira.
Ademais de ofrecer os máis de 900.000 títulos e preto de dous millóns de documentos destas 25 bibliotecas, o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia incorpora os fondos da Biblioteca de Galicia, bibliotecas de institucións de especial interese para Galicia como a da Real Academia Galega, a do Consello da Cultura Galega, a da Fundación Manuel María, a da Fundación Vicente Risco e a do Centro Galego de Artes da Imaxe, xunto coas bibliotecas dos museos e dos arquivos xestionados pola Consellería de Cultura e Educación
A implantación nas restantes bibliotecas e axencias de lectura (algo máis de 300) será progresiva.
Por certo, levarás unha grata sorpresa se entras nos portais web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal, da Biblioteca de Galiciahttp://bibliotecadegalicia.xunta.gal e das bibliotecas centrais territoriais de xestión autonómica de Coruña, Santiago, Vigo, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Efectivamente, renovaron os portais web! A que son webs moito máis visuais e funcionais?
Fonte: Amtega




Me parece estupenda idea!! Cómo se puede hacer para obterlo?
Sandra, puedes dirigirte a alguna de las bibliotecas que se señalan en el texto. Te pasamos más información sobre el carnet en este enlace http://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl/como-podo/solicitar-o-carne-de-lector
Pingback: O mellor do mes de marzo en Xente Dixital - Xente Dixital
Pingback: Celebra o día do libro… cun ebook. Repositorios de libros gratuítos - Xente Dixital