O mellor do mes de febreiro en Xente Dixital

OMELLORDOMESFEBREIROEstes son os contidos que publicamos durante o mes de febreiro e que máis éxito tiveron. A continuación deixámosvos unha escolma do que, para vós, foron os mellores contidos do mes. Se se che escapou algún, sempre podes volver a lelo hoxe.

Wimbag, o localizacor de maletas para saber onde están en cada momento. O trebello que nos permite saber onde está a nosa equipaxe cando viaxamos. É entrevista do mes relacionada co proxecto Galicia Open Future.

Cursos en las aulas CeMIT que comienzan a mediados de febrero.Se non chegastes a tempo… tranquilos! Publicitaremos tamén os novos cursos que se celebren no mes de marzo.

Guía Práctica | Domina o Whatsapp: detivémonos uns intres a responder a algunhas cuestións importantes sobre a ferramenta de mensaxería instantánea máis estendida en España e en boa parte do mundo: Whatsapp. Outra guía que tamén tivo moito éxito foi a Guía Práctica | Apps para elaborar un CV na rede onde ensimanos aplicacións que faciliten a tarefa de elaborar un bo CV en Internet.

Seminarios “Claves para montar unha tenda en liña” e “Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego” organizados polo CDTIC. Sempre se esgotan as prazas!

Aplicacións para San Valentín: para namorados, para quen busca parella e incluso para quen non lle gusta ese día. Para todo iso hai aplicacións móbiles.

E a ti, cal foi o contido que máis che gustou en febreiro?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.