Coñecedes Chave 365? Simplifica a xestión online coa Administración a través de claves concertadas no móbil. O sistema, dispoñible no Rexistro Xeral da Xunta, evita a complexidade do uso do certificado electrónico.
O obxectivo é facilitar a accesibilidade aos servizos online e simplificar a xestión telemática coa Administración. O servizo facilítanos as claves necesarias para acceder á sede electrónica.
Para empregar o sistema temos que darnos de alta en Chave 365 na sede electrónica ou no Rexistro Xeral da Xunta. A idea é implantalo progresivamente no resto das oficinas de rexistro.
Despois de verificar a identidade recibimos no móbil unha clave de acceso que usaremos xunto co noso NIF. Cada vez que queiramos realizar unha xestión temos que introducir clave e NIF na sede electrónica e recibiremos no móbil un código de sinatura dun só uso e válido durante 24 horas.
Chave 365 nace para solventar as dificultades de uso do certificado electrónico e para evitar que as persoas menos familiarizadas coas novas tecnoloxías queden excluídas destes servizos. Trátase dun mecanismo de identificación e sinatura electrónica sinxelo que ofrece garantías de seguridade similares ao certificado electrónico.
Por último, destacar que, fronte á modalidade presencial, a tramitación online supón un aforro mínimo de 75€ por solicitude.



Pingback: Unha Administración 100% dixital - Xente Dixital
Por desgracia, aun queda mucho para que todo el mundo pueda trabajar con estos chismes tranquilamente.
lo que no entiendo es que luego de registrarme de forma on-line, para luego poder acceder con el Certificado Digital me obliga ir a una oficina de la Xunta para solicitar que pueda usar mi certificado digital para identificarme, vamos, que lo de registrarse de forma on-line es de risa.
Hola Jose, si estás hablando de eSaúde, si es necesaria una solicitud presencial en un centro de salud. En todo caso, te recomendamos que llames al 012 para que podamos ayudarte o orientarte en tu caso concreto. ¡Gracias!