Archivos de: Blog

O plan de Inclusión Dixital, á procura de “aliados dixitais”. Súmate!

A Amtega busca “aliados dixitais” para achegarlle as vantaxes da tecnoloxía a todos os galegos. Calquera entidade pública ou privada poderá colaborar no triple obxectivo de reducir a primeira fenda dixital, a de uso: evitar a segunda, a das habilidades dixitais: e impulsar a innovación social dixital para que as TIC nos permitan mellorar aspectos da nosa contorna máis inmediata.

O mellor do mes de abril

Estes son os contidos que publicamos durante o mes de abril e que máis éxito tiveron. A continuación deixámosvos unha escolma do que, para vós, foron os mellores contidos do mes. Se se che escapou algún, sempre podes volver a lelo hoxe

Charla sobre consumo responsable nas aulas Cemit

,

O Instituto Galego de Consumo, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten en marcha un ciclo de charlas informativas dentro do programa CORES de Educación para o Consumo Responsable, que se retransmiten por videoconferencia en vinte aulas da rede CeMIT.