Seis trucos para aproveitar Dropbox ao máximo

Logo Dropbox

Dropbox é un dos servizos web máis populares no que a almacenamento e copia de seguridade na nube refírese. Leva xa uns cuantos anos entre nós e, a pesar de que o seu uso está moi xeneralizado, a maioría dos usuarios non utilizamos todas as características que ten este servizo web. Para solucionar isto, hoxe traémosvos seis trucos para aproveitar Dropbox ao máximo. Quizais xa coñezas algún, pero estamos seguros que a maioría deles vanche a sorprender:

Solicita arquivos a calquera persoa

dropbox-solicitaarchivos

Dropbox permítenos solicitar arquivos a calquera persoa. Facendo click na ligazón que nos atopamos no menú da páxina principal, podemos introducir un usuario de Dropbox ou unha dirección de correo electrónico (se a persoa non ten conta no servizo) e solicitar que nos envíen á nosa conta os arquivos. Por exemplo, se queremos esas fotos dos últimos aniversarios, podemos facelo desta maneira.

Recupera versións antigas dun documento

dropbox-recuperarEn ocasións por erro ou por algún automatismo, subimos ao noso espazo en Dropbox versións actualizadas dun arquivo que non queriamos. Ou simplemente, necesitamos unha información que existía en versións anteriores. Dropbox garda un historial de versións de todo o que subimos: tan só dándolle click dereito ao arquivo, se este ten versións, poderemos ver todas as que subimos.

Escanea un documento

Desde a aplicación móbil de Dropbox temos a opción de escanear un documento. Tan só hai que entrar na aplicación e entre as opcións de subir ficheiro, existe a de escaneo, a cal nos permitirá facer unha foto ao arquivo e que se suba dixitalmente ao noso espazo. E se temos unha conta de pago, esta copia dixital terá soporte OCR (identificación de textos).

Accede a documentos sen conexión

Dropbox permite ser utilizado sen conexión. Para iso, temos que ter instalada a aplicación no noso teléfono móbil. Desde ela e tendo primeiro conexión a Internet, seleccionamos os documentos e nas opcións marcamos “dispoñible sen conexión”. Dropbox gardará estes documentos no noso dispositivo e poderemos acceder a eles aínda sen ter cobertura ou datos.

Crea documentos de texto directamente

Aínda que Dropbox é compatible con moitos editores online (Microsoft Office entre eles), desde a súa web podemos crear documentos de texto. É grazas a Paper, un servizo web que aínda está en probas pero que xa podemos testar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.