Visita o CPD de Google por dentro

,

Os Centros de Proceso de Datos son os grandes descoñecidos da informática e sobre quen recae, coma vos contábamos, unha grande responsabilidade no que respecta ao Cloud Computing ou Computación na Nube. Ao respecto desa tecnoloxía, o xigante da informática Google está a facer visibles os seus mastodónticos CPD’s, eses lugares tan grises e que […]

Poderemos utilizar dominios .gal na Internet

A Asociación puntoGAL informou o pasado día 14 da notificación da ICANN sobre a aprobación da candidatura galega. Trala aprobación do proxecto, o seguinte paso será a habilitación do dominio a través da firma do contrato de delegación de dominio, se ben iso podería demorarse ata finais de ano ou comezos do 2014. Como nace .gal? No […]

CPDI

Sabes o que é un CPD?

Algunha vez te preguntaches onde se gardan os teus datos en rede? Tiveches curiosidade por saber onde están almacenadas a aplicacións que consomes no teu smartphone? É posible que esta pregunta pasase algún nalgún momento pola túa cabeza, e incluso que chegases a pensar que tal cantidade de datos so se podía almacenar nun lugar […]

Todos somos Xente Dixital

Que é Xente Dixital

Somos persoas, e vivimos nun mundo cada vez máis dixital. Somos Xente Dixital.  Somos un proxecto impulsado pola AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia) para contribuír á redución da fenda dixital na nosa sociedade. Xente Dixital é unha fiestra aberta por e para ti. É un espazo desde o que queremos acercarche la tecnoloxía […]

Sabías que…?

Sabías que cada minuto se realizan en todo o mundo dous millóns de procuras en Google? E que a celebración do día da Internet coincide co día das Letras Galegas? Estes son un par de datos anecdóticos, pero seguro que así te fas unha idea do que poderás atopar nesta sección. Trucos, consellos, indicacións e […]

Cursos

Sabías que tes cerca da túa casa unha aula Cemit? Nas aulas Cemit organízanse cursos, actividades, seminarios… Podes incluso acceder ás sesións que teñen lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia sen ter que desprazarte a Santiago de Compostela. Infórmate aquí dos cursos que se celebran no teu barrio, na túa cidade ou na […]

Guías Prácticas

Consulta as nosas guías prácticas para unha mellor experiencia de navegación pola rede. A través desta sección poderás acceder a contidos titorizados para que o teu día a día na rede sexa máis produtivo. Queres compartir connosco os teus coñecementos técnicos? Queres que fagamos unha guía específica sobre un tema en concreto? Fáinolo chegar a […]

Casos de éxito

,

Porque, aínda que pareza mentira, habelos hainos. Neste apartado recolleremos os casos de éxito que hai en Galicia. Empresas que traballan con software libre, asociación sen ánimo de lucro que atoparon na tecnoloxía un refuxio, voluntarios dixitais que exerceron unha loable acción á súa comunidade… Posiblemente non estean todos os que son, pero serán todos […]

XD a fondo

En Xente Dixital analizaremos polo miúdo diversos temas de actualidade, para achegarche unha información certa e contrastada, actual e útil sobre as novas tecnoloxías en Galicia. Para iso apoiarémonos en gráficos, entrevistaremos a persoas relevantes do sector, ofrecerémosche datos exclusivos… Non esquezas pasar por esta sección cando queiras profundizar máis sobre algúns temas concretos.