Teclados mecánicos, que son e por que deberías usar un

Teclados mecanicos

Se os deportistas sempre buscan as mellores zapatillas para correr, os chef teñen os mellores coitelos e os xornalistas as mellores cámaras por que os que escribimos diante dun computador non utilizamos o mellor para o noso traballo? Hoxe querémosvos ensinar por que deberías utilizar un teclado mecánico no canto do típico de membrana que traen todos os computadores.

Que é un teclado mecánico?

Un teclado mecánico non é máis que un teclado dos de antes: aqueles que ao escribir facían un ruído característico e as súas teclas subían e baixaban dunha maneira moito máis natural que os de agora. Os teclados mecánicos son, como o seu nome ben indica, dispositivos que teñen debaixo de cada tecla un sistema mecánico independente, ao contrario que os teclados actuais de membrana, os cales utilizan plástico barato e un sistema electrónico para transmitir as pulsacións.

Por que é mellor un teclado mecánico que un de membrana?

Hai moitas razóns polas que utilizar un teclado mecánico é moito máis beneficioso que escribir cun teclado de membrana. Pero as principais razóns son unicamente tres:

  • O tacto é moito mellor: o tacto da pulsación é moito mellor que cun de membrana. A pesar de que ao principio é difícil afacerse, a longo prazo é moito máis beneficioso este “esforzo” que realizan os nosos dedos con este tipo de teclados.
  • Temos mellor posición: como colocamos as mans á hora de escribir é crítico á hora de evitar problemas de pulso e de costas. Un teclado mecánico, ao ter as teclas máis elevadas, obríganos a ter unha posición máis correcta das nosas mans á hora de escribir.
  • É moito máis duradeiro: os sistemas mecánicos de cada tecla están feitos para que duren moito máis os de membrana. Ademais, se se nos estraga unha tecla esta é facilmente reemplazable, ao contrario que cos teclados normais.

A única pega que se lle pode poñer a un teclado mecánico é que son bastante máis caros que os de membrana, chegando a roldar de media os 100€ por teclado. Aínda así, se somos dos que escribimos moito no computador, a elección lóxica é un teclado mecánico. Os nosos dedos agradeceránnolo.

Se queres coñecer unha lista dos mellores teclados mecánicos, a web Polygon ten unha interesante lista: http://www.polygon.com/2015/2/23/7372837/mechanical-keyboards

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.