A Amtega renóvase, así é a nova web

amtega-web1

Buscando sempre ofrecer ao cidadán o acceso a todos os servizos dixitais, a páxina web da Amtega acaba de estrear un novo deseño que ofrece máis e mellor información a todos os seus visitantes. Esta nova páxina web ten un deseño moito máis rechamante e acorde aos canons de deseño web que levan na actualidade, presentando a información dunha maneira moito máis clara e directa, e facilitando o acceso a ela desde calquera dispositivo conectado a Internet.

Acceder agora á información é moito máis sinxelo: a web organízase en tres seccións moi diferenciadas desde as que se poden acceder a todos os servizos e iniciativas que se ofrecen desde a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia. Estas tres seccións son Amtega, As TIC para TI e Axenda Dixital.

A Amtega

amtega-web2

Desde o apartado Amtega pódese accede a toda a información relacionada co departamento autonómico. Desde cal é a súa organización, pasando por toda a normativa pola que se rexe ata chegar ao perfil de contratante, onde se informa de toda a organización de perfil autonómico.

Esta sección está presentada dunha maneira clara, a través de bloques diferenciadores que conseguen que a información sexa accesible e directa. Con tan só un par de clicks, podemos chegar de maneira moi rápida á información que estamos a buscar.

Axenda Dixital

amtega-web3

Neste segundo apartado atopámonos toda a información relacionada coa Axenda Dixital de Galicia 2020. Está orientado a perfís profesionais vinculados ao sector tecnolóxico e nela infórmase de todas as actividades, propostas e iniciativas que se están realizando dentro do marco da Axenda Dixital de Galicia 2020.

As TIC para TI

amtega-web4

Nesta nova sección recóllense todas as iniciativas e servizos TIC que se ofrece desde a Amtega e os restantes departamentos autonómicos. Cunha presentación agrupada en seis bloques temáticos, calquera pode atopar dunha maneira moi sinxela a  o servizo que lle poida interesar.

Dentro desta nova sección, existe un apartado onde se pode atopar ligazóns directas a servizos online usados de maneira común por todos, como a sede electrónica, a xudicial ou o novo servizo de Chave 365. Ademais, grazas a un mapa interactivo, pódese comprobar cales son os centros de interese que temos máis preto.

E como engadido, a sección As TIC para TI inclúe unha parte social, na que podemos seguir a conversación que existe nas redes sociais, vendo as últimas mensaxes dos usuarios de Twitter e Facebook da Amtega, os últimos artigos deste blogue ou as últimas noticias publicadas por outras entidades autonómicas relacionadas coas TIC.

Un potenciado buscador e un deseño responsive

Como colofón, esta nova web inclúe un novo potente buscador, o cal é protagonista no novo deseño e é capaz de buscar en todas as webs da administración autonómica o termo polo que estamos interesados. Ademais, esta nova imaxe é “responsive”, é dicir, é capaz de adaptarse ás pantallas dos diferentes dispositivos que utilicemos. Así, se estamos nun teléfono móbil, a web adaptarase e mostraranos un deseño acorde á pantalla do noso dispositivo. O mesmo ocorrerá desde un tablet, unha Smart TV ou dispositivos adaptados a diversidades funcionais, os cales tamén están contemplados nesta esta renovación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.