Actividades nos centros: @s alumn@s do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía fan unha “prospección arquitectónica” no casco antigo

Actividades nos centros: @s alumn@s do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía fan unha “prospección arquitectónica” no casco antigo
O 20 de xuño, os alumnos do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía fixeron, xunto coa arqueóloga que está realizando os traballos de documentación para o Plan Director da Colexiata de Xunqueira, Sonia García Rodríguez, unha actividade didáctica sobre patrimonio que comezou coa visita á escavación no xacemento de Outeiro do Castro. A actividade ...

PORTAS DE SANTIAGO

28. Xuño 2018
Déixovos aquí o enlace ao blog onde recollemos de xeito interdisciplinar diferentes actividades dos proxecta desenvolvidos arredor da temática do noso patrimonio: Mirando polo Camiño-Rapazas TIC-Aprendo programando, onde podedes ver tamén os xogos con scratch que o alumnado elaborou nos grupos das súas portas. https://sites.google.com/iesrosaliadecastro.org/patrimonioscratch/p%C3%A1gina-principal  

As sete portas

28. Xuño 2018
Edición de vídeos e presentación destes en YouTube na sección 7 Puertas da canle Proyectos Audiovisuales 2ºESO A. Publicación na sección 7 Puertas do Google Site Proyectos Audiovisuales dos traballos finais realizados polos seis grupos de alumnado. https://sites.google.com/iesrosaliadecastro.org/proyectosaudiovisuales-2esoa/inicio?authuser=0

Pomos un punto e seguido ao noso Camiño

Boas camiñantes! Sabemos que moitos de vós levades xa uns días esperando as novas sobre o Camiño 😉 E non vos imos facer esperar máis!!! Queremos compartir con todos vós a nosa chegada a Santiago e o ben que o pasamos ao longo de toda a xornada. Do cole levabamos  unha guía de visita de ...

FIN DE CURSO 17/18

Xa chegamos á meta!. O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradecemos a colaboración de toda a Comunidade Educativa.Sen as vosas achegas de materiais e traballos, este blogue e a marcha da Biblioteca, non serían posibles. Botade unha ollada á Revista O Golpe, onde queda reflexado un resumo de todo ...

MÚSICA NO CAMIÑO

A clase de Música fixo a súa achega ao Proxecto do Camiño Primitivo elaborando instrumentos tradicionais de reciclaxe, que acompañaron as distintas manifestacións artísticas nas conmemoracións realizadas ao longo do curso: Samaín, Entroido, Nadal , Letras Galegas…. Pincha no enlace para ver as fotos: https://drive.google.com/open?id=1Tj90TnyPSxheFTxQcEtb0BXiV5yzZmTR

ABECEDARIO DO CAMIÑO

O alumnado de PT e AL do noso colexio colaborou no proxecto coa realización dun abecedario interactivo cos termos máis significativos do Camiño Primitivo. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradocorazon/node/226

GUÍA DO CAMIÑO. 3º A E 3º B

Os nenos e nenas de terceiro de primaria fixeron unha guía para facer o Camiño Primitivo dunha forma segura: Todos os camiños, Un pouco de historia, Etapas, Ventaxas e Inconvintes, Calzado, elección da mochila, o imprescindible para a viaxe, alimentación e educación. https://es.calameo.com/read/00475593887fd889b2b9a LAPBBOK OS OLLOS LUCENSES Este lapbook é un recorrido pola Muralla de ...

Exposición Ames medieval no IESP de Ames

14. Xuño 2018
Despois de realizar toda a nosa investigación sobre a Idade Media, chegou o momento de dar a coñecer eses resultados ao resto da comunidade educativa do centro! Desde o 25 de maio, pódese visitar na entrada do noso instituto a exposición Ames Medieval realizada polos alumnos e alumnas de 2º de ESO de Xeografía e ...

Actividades nos centros: As alumnas e alumnos do CPI de Vedra visitan os xardíns do Pazo de Ortigueira en Santa Cruz de Ribadulla, Vedra

Actividades nos centros: As alumnas e alumnos do CPI de Vedra visitan os xardíns do Pazo de Ortigueira en Santa Cruz de Ribadulla, Vedra
O arquitecto Ricardo Varela desenvolveu unha actividade didáctica  cos alumn@s e profesoras do CPI Plurilingue de Vedra sobre un elemento do patrimonio cultural moitas veces esquecido, pero cun gran valor documental: os xardíns históricos. Ricardo Varela visitou o 4 de maio o centro para explicarlles aos alumn@s o valor patrimonial dos xardíns históricos e a ...