Pedro Bugarín imparte un obradoiro infantil e un espectáculo de maxia con moita participación
Rematou o día da maxia cunha fantástica asistencia tanto no obradoiro da mañá como no espectáculo da noite. O mago Pedro Bugarín ensinou aos pequenos algúns trucos de maxia durante a mañá e xa pola noite presentou un espectáculo moi ameno para todas as idades