A maxia dos contos na Biblioteca de Ribeira
Este sábado, 12 de outubro, Manuel Solla trouxo a maxia dos seus contos á Biblioteca de Ribeira.
Primeiro xuntámonos para ler un pouquiño nos nosos libros favoritos.
Despois de que nos xuntamos unha morea de nenas e nenos pasamos á sala de lectura e, con moita atención, escoitamos os contos. Con moita atención e con moita diversión… Xa vedes a Manuel no medio de nós facendo bromas.