A Biblioteca municipal achega a nenos e nenas á figura de Xela Arias
A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolleu unha nova actividade pensada para o fomento da lectura dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia, o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas o colectivo Polo Correo do Vento viñeron á biblioteca a actividade baseada na súa publicación ‘Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua’, na que contaron, ilustraron e musicalizaron a biografía da escritora, poeta e tradutora á que este se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
O obxectivo é promover entre o público máis novo non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística. Esta actividade permitiu ademais achegar aos nenos e nenas á biblioteca como un espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
Houbo unha participación de 37 nenas e nenos que marcharon moi contentos coa actividade. Ademais debuxaron ao rematar a actividade. Polo Correo do Vento tamén deixaron as ilustracións para a biblioteca.