Tres documentais para coñecer a actualidade de Internet

tpb

A fin de semana está ao virar a esquina e é momento de buscar un pouco de lecer para afastarnos das nosas preocupacións do día a día. Para iso, hoxe traémosvos un divertimento un pouco tecnolóxico: tres documentais para coñecer a actualidade da internet.

Estes documentais, a maioría deles feitos no mundo anglosaxón, cóntannos que está a ocorrer en xeral coa rede de redes, cales son os seus principais protagonistas e que eventos están a ter importancia no día a día.

A revolución virtual

Este documental feito pola BBC cóntanos, en catro partes, que ocorreu nas nosas vidas desde a aparición da internet e como transformou a sociedade. Nel podemos ver grandes nomes da tecnoloxía como Bill Gates (Microsoft), Tim Berners-Le (pai da internet), Jeff Bezos (Amazon), Mark Zuckerberg (Facebook), Biz Stone (Twitter) ou Char Hurley (YouTube).

Inside the Dark Web

Este documental tamén producido pola BBC fala sobre un tema moi actual: a vixilancia e o estado da neutralidade da rede. Nel profúndase moito sobre as filtracións de Wikileaks e Edward Snowden, ademais de ter as declaracións dun dos personaxes máis polémicos dos últimos anos: Julian Assange. O documental está en inglés, pero ten dispoñibles subtítulos

 

The Pirate Bay: AFK

Falar da internet e non falar do P2P (a compartición de arquivos) sería obviar unha parte moi importante da historia da rede recente. The Pirate Bay foi a maior plataforma de intercambio de arquivos mediante torrent que existiu ata agora, e este documental conta toda a súa historia, desde a súa creación ata os seus problemas coa xustiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.