Que é a neutralidade na rede e por que é importante para todos?

neutralidad-rede

Internet está no noso día a día. Miramos o noso teléfono móbil centos de veces, consultamos as noticias a través do noso computador e cando imos á farmacia, os nosos medicamentos están rexistrados nun sistema que se conecta a través dela. A rede de redes é un dos grandes inventos do Século XX  pero, aínda que non o creamos, as normas que a operan son tan sinxelas como básicas. Unha delas é a neutralidade da rede.

Neutralidade da rede é un termo definido polo profesor da Universidade de Colombia Tim Wu en 2003, e refírese ao dereito que teñen todas as conexións a Internet a ser exactamente iguais unas a outras.

Iguais? Como é iso?

Na internet a información transmítese a través de paquetes, os cales son á fin e ao cabo pequenos anacos de información que chegan aos routers (e logo aos nosos computadores) e que acaban sendo interpretados polo navegador, aplicación ou sistema en cuestión. Segundo o principio de neutralidade da rede, estes paquetes teñen que ter todos o mesmo dereito a ser transmitidos, é dicir, un paquete enviado desde India ten que chegar igual que un paquete enviado dende Chile, ningún dos dous, veña de onde veña, pode ter preferencia.

Este principio aplícase a todos os ISP (Provedores da internet), os cales deben tratar os datos enviados e recibidos dos seus clientes da mesma maneira. Certo é que estes paquetes, segundo a nosa conexión, son recibidos máis ou menos rápido pero cando están na internet, todos deben ser iguais.

O perigo da súa desaparición e como se lexisla

Desde hai moitos anos, a maioría de provedores de servizo (xa sexa da internet como de contidos) queren saltarse a neutralidade da rede. Ben porque cren que hai servizos que lles prexudican (como é o caso dos P2P nos provedores da internet) ou porque queren dar prioridade aos seus clientes ou aos seus servizos. Para que isto non ocorra, a neutralidade na rede está lexislada na maioría dos países: Chile foi o primeiro en lexislala en 2010, e máis tarde seguíronlle Estados Unidos e a Unión Europea, os cales teñen normativas e leis que sancionan ás empresas que non a cumpren.

Que ocorrería se desaparecese a neutralidade da rede? Que se perdería toda a súa esencia. Internet en si é unha rede global que pertence ao mundo, e todo o mundo ten dereito a poder utilizar a súa potencia. Se existe un emprendedor que quere crear unha aplicación que utilice dalgún modo Internet, ten que ter o dereito para usalo da mesma maneira que o resto. Un exemplo claro é Skype, a compañía de VoIP (agora propiedade de Microsoft) non existiría de non existir a neutralidade na rede.

A neutralidade da rede é un dos pilares sobre os que se sustenta Internet, e é o deber de todos, principalmente os gobernos, defendela.

1 comentario

  1. Pingback: As Aulas CeMIT amplían as súas actividades grazas a un novidoso Banco de Tempo - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.