Día 6 – IES Santa Irene / Biblioteca Xosé Luís Méndez Ferrín
O INSTITUTO
Hoxe voute levar de viaxe á Biblioteca Méndez Ferrín, a xoia do IES Santa Irene de Vigo.
Esta biblioteca débelle o nome ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, un dos grandes autores vivos das nosas letras.
E xa que imos de bibliotecas, agora propóñoche acompañarnos a coñecer os fondos da cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, a Biblioteca de Galicia. Esta institución reúne, conserva e difunde todo o patrimonio bibliográfico da comunidade e facilita o seu acceso, xa sexa de forma presencial ou virtual.
E agora vas ver dez libros extraordinarios que visitaron o Gaiás.
FALAMOS
E ti? Vas moito ás bibliotecas?
Cóntanos como é a biblioteca do teu centro e fálanos dalgún libro que descubrises nela que che gustase.
Se o queres, tamén podes facer un diálogo en galego só con vogais, como o de Esther.
E non te esquezas de nos etiquetares con @21dcgemais e de poñeres o noso cancelo #21dcgemais
DÍGOCHO EU!
E xa que imos de bibliotecas, que mellor que ler ben. E como quero que leas ben, mira este Dígocho eu!
E hoxe chega a terceira entrega da serie O máis viral do TikTok do Dígocho eu!. E ollo que esta che trae sorpresa final de Esther.

