Día 14 – IES As Mariñas / Os nosos poderes na biblioteca
O INSTITUTO
Desde o IES As Mariñas de Betanzos lémbranche personaxes extraordinarios da cultura literaria.
Onte amosámosche algunhas rutas literarias virtuais; se queres coñecer máis espazos e percorridos literarios, podes visitar a sección O territorio do/a escritor/a na web da AELG.
FALAMOS
Hoxe é domingo; cóntanos. Ti es das persoas que gustan dos domingos ou das que os odian porque a seguir vén o luns? Que teñen de diferente os teus domingos fronte ao resto da semana? Cal sería o teu plan ideal para un domingo?
____________
DÍGOCHO EU!
Hoxe o Dígocho eu! vén moi ben abrigadiño: imos falar de roupa.
E rematamos a semana co sexto capítulo do máis viral do TikTok do Dígocho eu!

