Día 18 – 21 Días de música

O CENTRO

E chegamos á última participación dos centros nestes 21 Días co Galego e +. Comezamos coa revolución da música “tradi” e hoxe rematamos tamén con música, coa visión que o IES de Barro nos trae do noso panorama musical. Agardamos que vos guste e que o bailedes ben.

 

PARA SABERES MÁIS

Na RTVG podes atopar a través das súas canles de televisión, radio e Internet, programas musicais de todos os xéneros como Galicia emerxe, con concertos de destacados artistas e grupos galegos.

Se o que queres é escoitar música, tes a opción da canle da Radio Galega Son Galicia Radio durante as 24 horas do día.

Se o que procuras é música infantil, a CRTVG tamén nos ofrece Radio Picariña, onde poderás elixir entre máis de 1.000 temas de música infantil en galego.

En plataformas como Spotify tamén poderás atopar listaxes de reprodución de música galega como Música en Galego con máis de 700 temas.

En Podgalego na categoría Música agárdante máis de trinta propostas radiofónicas sobre esta temática.

A páxina de Orgullo Galego ofrécenos unha amplísima recompilación da música galega organizada por xéneros.

 

Non esquezas tamén que podes visitar directamente as páxinas web de cada unha e cada un dos intérpretes e formacións.

E como a música como mellor se vive é en directo, aquí tes a axenda da cultura de Galicia con información de todos os concertos.

Por último, na unidade didáctica Un paseo pola música de Galicia, podes atopar un tema dedicado á historia do pop e rock.

E non esquezas tampouco que navegando pola rede sempre darás con páxinas galegas desta e doutras temáticas.

 

DÍGOCHO EU!

E como tamén nos gusta cantar, Esther hoxe vén acompañada das Tanxugueiras para nos ensinar a entoar.