DÍA 13 – REFLEXIONAMOS II
Analizamos como nos vai
Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. Parabéns!
Seguro que es das persoas que se está implicando moito e tes aí o teu galego funcionando a tope. Hoxe é luns e tócanos reflexionar.
- Fixácheste como guapeaches falando en galego? Como levas isto de falar sempre en galego? Está a ser como ti esperabas? Falas máis ou menos do que esperabas?
- Notas que falas máis galego dende que comezaches cos 21 días co galego e máis? Cando o falas? E cando non o falas?
- A xente fálache toda en galego cando ti lles falas en galego?
- Hai persoas que antes non che falaban en galego e agora si que o fan? Iso é normal porque o galego se multiplica nas bocas; canto máis o falas, máis cho falan tamén.
- Quen fala máis galego contigo? Quen te axuda máis a falar en galego? Regalar palabras é dos agasallos máis bonitos que pode haber; sería unha boa idea que a esa persoa hoxe lle deas unha súper aperta por  regalarche a súa lingua. regalarche a súa lingua.
- Pasouche algún suceso ou cousa curiosa falando en galego dende que comezamos os 21 días?
- Estades vendo os vídeos todos os días? Cales foron os que vos gustaron máis sen contar o do voso cole?
- Que che están a parecer as actividades dos 21 días co galego e máis no teu cole? Que é o que máis che gusta?
- Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito para ti para falalo máis.
- Pensade entre todas e todos que podedes facer na segunda parte do programa para mellorar o voso galego.
- E, se xa o falas, pensa en como podes axudar esas compañeiras ou compañeiros que teñen máis dificultades.
Lembra que todos podemos facer algo pola lingua!
Cantamos (para os máis pequechos)
O noso primeiro vídeo da semana é unha curtametraxe para cantar que nos conta que a gata Benita perdeu algo.
Este vídeo elaborado polo alumnado de 1º do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra) gañou o 1º Premio na categoría 2 (1º e 2º de educación primaria), na XI edición do certame Nós tamén creamos!
Imos coñecer a gata Benita, a ver se dá atopado o que perdeu!
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Ao longo desta semana tamén imos falar destas cuestións
Propostas de realización voluntaria para as aulas:
B – As linguas no camiño do cole
1º ciclo – Dende que saímos da casa ata que chegamos ao cole fixámonos en que fala a xente. Que linguas escoitamos? A xente maior fala diferente ou fala igual ca nós? Notamos algunha diferenza? Por que será?
2º e 3º ciclos – Fixámonos nas linguas que vemos escritas dende que saímos da casa ata que chegamos ao cole nos sinais de tráfico, nos comercios etc. Xa na clase imos escribindo e analizando en que lugares vimos cada lingua e se existe algunha relación entre a lingua e o lugar onde aparece.
A – As linguas na miña familia
1º ciclo – Falamos sobre que linguas se usan nas nosas familias.
2º e 3º ciclos – Facemos as árbores de linguas das nosas familias.
Instrucións de elaboración:
- Preguntamos na casa que linguas fala cada persoa da familia e como chegou a falalas.
- Colocamos o seu nome na árbore e debaixo as linguas que fala.
- Se unha persoa fala varias linguas, poñemos os nomes de todas as linguas e subliñamos a lingua na que fale máis.
- Logo colocamos as follas coas árbores para facer o bosque de linguas da nosa aula.
Cantamos e bailamos (para toda a rapazada)
E para comezar a semana ben animados arrancamos coa canción “Superlingua” da banda galega de Rock&Roll A Gramola Gominola. Traémosvos a versión en
(Preme na imaxe para ver o vídeo)

