DÍA 16 – Eco Laxeiro: “Acción polo clima”

Hoxe vimos moi concienciados para protexer o planeta e por iso o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo nos vai ensinar unha morea de accións que podemos facer polo clima.

(Preme na imaxe para ver o vídeo)

Falamos

  • E hoxe, que foi o primeiro que dixeches cando espertaches? A que é bonito espertar en galego!
  • Fixácheste, no camiño ao cole, en cantas cousas estaban escritas en galego? Parecéronche moitas ou poucas? Como cres que podería haber máis?
  • Vimos de ver que a rapazada do CEIP Pintor Laxeiro está moi comprometida co noso planeta. E ti tamén coidas o planeta?
  • Vexamos se é verdade, dinos que accións fixeches polo clima entre onte e hoxe.
  • Imos crear entre toda a aula unha listaxe de cousas que podemos facer polo clima na nosa vida cotiá.

Propostas de actividades

Ollade que propostas de actividades tan chulas nos traen os de Eco Laxeiro:
(Preme na imaxe para ver o vídeo)

E que quererá o Digochiño?

Sabiades que o Digochiño quere ser ecoloxista de maior? Mirade o vídeo a ver que vos contan el e Esther Estévez na canción de Pablo Díaz.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)

 

Cantamos e bailamos

E coma todos os días, rematamos cantando e bailando unha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona chamada “Verdescente” que nos fala da importancia de tratar ben a nosa terra e de coidala.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)

Protexe a lingua

As árbores, as plantas e as praias son parte do noso patrimonio natural e merecen o noso coidado para conservalas e que non desaparezan.
E a lingua? Pois a lingua forma parte do noso patrimonio cultural e tamén temos que coidala para conservala.
E iso como se fai? Iso éche a cousa máis fácil do mundo, para protexer o galego só fai falta unha cousa moi moi faciliña, que ti o fales.

Fala galego!