Día 2 – Reto 1

Como ides?

Gustouvos a inauguración dos 21 Días co Galego e + de onte?

Ao longo destas semanas ides ter que superar varios retos creativos para os que teredes que usar moito a lingua para falar.

Para superardes cada un debedes traballar de forma colaborativa elaborando un vídeo entre un grupo de compañeiras e compañeiros ao longo dunha semana.

1.º RETO

Como primeiro reto propoñémosvos que nos ensinedes algo. Para iso debedes crear un vídeo de carácter instrutivo.

Velaquí tedes varios exemplos que vos poden orientar e que podedes ver na clase ou na casa.

Podedes facer un vídeo dunha receita coma as innovadoras filloas que fixeron estas masrtercociñeiras do IES Daviña Rey ou as Patacas fritas saudábeis dos amigos de Bolboretas no bandullo.

 

Podedes facer un vídeo de divulgación científica como este do profe Xacobo de Toro Cacharrón en  XeoClip que nos explica como se forma un cantil.

Ou este de Iria Veiga e Javier Balea que nos explican como funcionan as vacinas.

 

 

Podedes facer un titorial en vídeo de instrucións tecnolóxicas, como o de Alejandra Seijas, que creou un videotitorial para un desafío de LEGO, ou o do alumnado do CEIP Carballal que nos explican como gravar e editar audio.

 

 

Ou calquera outro tipo de vídeo que inclúa a explicación de como se fai algo ou como funciona algo.

Agora tócavos organizarvos e traballar arreo.

A vindeira semana, o RETO 2.

Vémonos mañá con + galego!

 

 

Etiquetas