Ola familias, nenas e nenos de 1º Ciclo de Educación Primaria, aquí tedes as propostas para xogardes na casa esta terceira fin de semana dos 21 Días co galego e + realizadas por rapazas e rapaces do CEIP Plurilingüe Ría de Vigo de Oia e do CPR Plurilingüe Amor de Dios de Vigo. Esperamos que ...
Ola familias con nenas e nenos de Educación infantil, aquí tedes propostas para xogardes na casa esta terceira fin de semana dos 21 Días co galego e + realizadas por rapazas e rapaces do CEIP Plurilingüe Ría de Vigo de Oia e do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo. Esperamos que vos gusten e ...
Ola! Saúdos dende o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar de Ourense. Desde este rincón de Galiza invitámosvos a amar a nosa fermosa lingua e utilizala non só durante os 21 días co galego, senón tamén na vosa vida diaria. Somos herdeiros e herdeiras dos antergos que a falaron, a conservaron e llela transmitiron ás futuras xeracións. Nós debemos ...
Ola familias con nenas e nenos de Educación infantil, aquí tedes propostas para xogardes na casa esta primeira fin de semana dos 21 Días co galego e + realizadas por rapazas e rapaces do CEIP A Ponte de Lugo. Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben xogando en galego!
Este venres imos coñecer o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. O alumnado deste IES de Tomiño vainos ensinar a colocar a lingua. Que non o credes? Mirade o vídeo e aprendede. Se queres saber como se pronuncia unha palabra, podes consultar o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega. ...
Parabéns! Seguro que es das persoas que está avanzando moito no seu uso do galego. Hoxe terás dúas misións: realizar a túa 2.ª reflexión e cubrir a enquisa sociolingüística de uso da lingua galega no teu centro de ensino. 2.ª Reflexión Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. – Como vai ...
Chega a fin de semana e gustaríanos que vós, as familias, tamén formásedes parte deste ilusionante proxecto que son os 21 días co galego e +. Para isto traémosvos neste sábado unha proposta de análise sociolingüística do IES de Vilalonga para observardes o comportamento lingüístico do comercio. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia ...
O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Antón Alonso Ríos. Para representar a vitalidade do mundo do audiovisual galego optamos por presentar unha iniciativa cinematográfica cooperativa, o grupo San Roquiño de Goián (parroquia do concello de Tomiño). Trátase dun colectivo formado por goianesas e goianeses que ...
O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Francisco Daviña Rey. O mundo da gastronomía esperta moito interese dentro da sociedade actual. Todos queremos ser grandes cociñeiros e cociñeiras e sorprender os nosos convidados con receitas canto máis innovadoras mellor. Este gusto pola cociña tradúcese en centos ...