Día 8 – Reto 2

Como vos foi co Reto 1?

Polo que sabemos andades a facer vídeos moi interesantes e divertidos.

Para esta segunda semana o voso reto será facer un vídeo en grupo que estea relacionado coa lingua (sobre a vosa variante dialectal, sobre un tema sociolingüístico, sobre a toponimia da vosa zona, etc.), coa literatura (unha recomendación lectora, un booktrailer, unha recreación dalgún fragmento dunha obra literaria, un videopoema, etc.) ou con ambas (as características da lingua de Rosalía, por exemplo).

Se queredes, podedes ver exemplos de vídeos relacionados con esta temática:

– Roteiros lingüístico-literarios como este realizado polo CPR Fogar de Santa Margarida dentro dos 21 días co galego e +.

– Vídeo sobre variantes dialectais como o que fixeron no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño o ano pasado dentro dos 21 dias co galego e +.

– Adaptación dun texto en prosa como este realizado no IES Fontiñas o curso pasado dentro dos 21 días co galego e +.

– Videopoemas de textos literarios alleos como esta adaptación dun poema de Rosalía de Castro.

– Videopoemas de textos propios coma este Matrioshkas de Celia Parra.

 

Etiquetas