PRESENTACIÓN Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego e inducir á reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten coa lingua galega e co resto dos idiomas que coñece. Ao longo de 21 días, aquí ides atopar propostas diversas para vos achegardes ao galego e á súa cultura. A ...
Chegamos ao día da clausura do noso programa e gustaríanos felicitar as comunidades educativas dos 12 centros participantes e, especialmente, os equipos de dinamización da lingua galega e as persoas coordinadoras que, desde o comezo do curso, asumiron os 21 Días co galego e + como un proxecto propio e puxeron nel ilusións e moitas horas de ...
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999. Nesta data tomamos conciencia da importancia que ten para o futuro da lingua, no noso caso do galego, manter a transmisión interxeracional e que as nais e pais de hoxe saiban que está ...
EN ACCIÓN! Este domingo querémosvos amosar unha pequena mostra das moitísimas actividades que se están a realizar nos doce centros participantes nesta IV edición dos 21 Días co Galego e +. Veredes que son moi diversas e adaptadas ao alumnado de todos os niveis educativos. BRINCADEIRAS DA LINGUA Se algo abunda nos 21 Días ...
Na lembranza dos mariñeiros do Vila de Pitanxo e de todas as xentes do mar. Ímoslle dedicar este sábado ao mar e ás moitas maneiras coas que nos rodea. En primeiro lugar, traémosvos o “Reggae dos mariñeiros”, un tema de Lamatumbá que contén os famosos versos: “Está o mar baleiro Coa suor o enchemos Os ...
O CENTRO E chegamos á última participación dos centros nestes 21 Días co Galego e +. Comezamos coa revolución da música “tradi” e hoxe rematamos tamén con música, coa visión que o IES de Barro nos trae do noso panorama musical. Agardamos que vos guste e que o bailedes ben. PARA SABERES MÁIS Na ...
O CENTRO Despois do TikTok, imos hoxe descubrir unha comunidade creativa que está a coller moito pulo no panorama cultural. Trátase das creadoras e creadores de podcast, o lugar onde a palabra é a protagonista. O CPI Virxe da Saleta de Cea é o centro que nos presentará este tema. PODGALEGO Na páxina Podgalego ...
O CENTRO O día 16 vén metido no móbil: o IES de Meaño vainos achegar ao mundo do TikTok en galego. De seguro que imos aprender moito da comunidade tiktokeira na nosa lingua. REDES SOCIAIS E LINGUA O TikTok e outras redes sociais non teñen o galego como lingua na súa rede e ...
O CENTRO O CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco vainos falar hoxe da muller no século XXI e máis concretamente das escritoras de literatura infantil e xuvenil. Dende este centro de Coristanco envíannos tamén o vídeo A LIX Galega en feminino Sete autoras na palestra, no que quen o desexe poderá escoitar directamente sete autoras ...