Día 10 – O CPR Fogar de Santa Margarida

Como ides esta semana? Hoxe toca coñecer a comunidade educativa do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña. Véñennos falar da diversidade lingüística no mundo, unha diversidade que exemplifican tamén con algúns membros do seu alumnado. E vós que pensades da diversidade lingüística? Que vantaxes lle atopades fronte ao monolingüismo?  

Día 9 – O IES Afonso X achéganos á lusofonía

Ola, como vos vai neste martes de inverno? Hoxe chégannos os vídeos do IES Afonso X O Sabio de Cambre. Imos ver a súa presentación. O tema elixido por este instituto é a lusofonía. Que sabiades vós das relacións galego-portuguesas? Credes que desde Galicia coñecemos a cultura portuguesa? Coñecedes a iniciativa Ponte nas ondas? E ...

Día 8 – Reto 2

Como vos foi co Reto 1? Polo que sabemos andades a facer vídeos moi interesantes e divertidos. Para esta segunda semana o voso reto será facer un vídeo en grupo que estea relacionado coa lingua (sobre a vosa variante dialectal, sobre un tema sociolingüístico, sobre a toponimia da vosa zona, etc.), coa literatura (unha recomendación ...

Día 7 – Unha proposta doce do IES Arcebispo Xelmírez I

Bo día neste domingo de xaneiro. Como vai a fin de semana? Hoxe traémosvos unha proposta lúdica e larpeira para compartirdes momentos xuntos que nos envían desde o IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Se non vos vai ben facer o domingo esta actividade e queredes participar igual, podedes facela calquera día. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa ...

Día 6 – De comercios co IES de Vilalonga

Chega a fin de semana e gustaríanos que vós, as familias, tamén formásedes parte deste ilusionante proxecto que son os 21 días co galego e +. Para isto traémosvos neste sábado unha proposta de análise sociolingüística do IES de Vilalonga para observardes o comportamento lingüístico do comercio. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia ...

Día 3 – O IES Arcebispo Xelmírez I fálanos de ciberacoso

Neste terceiro día imos coñecer o primeiro dos centros educativos participantes: trátase do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, un instituto cunha longa tradición que neste 2020 fai 175 anos de existencia. Vexamos a súa presentación. O alumnado e o profesorado do IES Arcebispo Xelmírez I decidiron centrar a súa contribución nos 21 días co galego e + no ciberacoso, un tema ...

Día 2 – Reto 1

Como ides? Gustouvos a inauguración dos 21 Días co Galego e + de onte? Ao longo destas semanas ides ter que superar varios retos creativos para os que teredes que usar moito a lingua para falar. Para superardes cada un debedes traballar de forma colaborativa elaborando un vídeo entre un grupo de compañeiras e compañeiros ...